Crónica fu-turística dun día calquera ao son de Mr. Magoo

a0871094723_2Avanzado o terceiro lustro do terceiro milenio as noites das Rías Baixas converteranse, como xa ocorrera case sete décadas atrás noutras latitudes, nun lugar por onde ningún bo pai autorizaría transitar aos seus fillos menores.

Todo comezara hai poucos anos cando, a varios centos de quilómetros de distancia, nun contexto social e económico marcado profundamente pola decadencia, a corrupción e a mediocridade das clases dirixentes, aparecera EUROJUEGAS. Este espazo estaba exceptuado da aplicación de moitas das normas que, aínda con dificultade, rexían a convivencia no resto do país: horarios, relacións laborais, xogo e apostas, alcohol, tabaco e outras drogas, prostitución, privilexios fiscais (máis)… todo podía ser explícita ou implicitamente permitido sempre e cando se dera unha condición, a cousa tiña que quedar ben acoutada xeográficamente. Non había risco, todo ía acontecer dentro das lindes dun submundo illado, impermeable ao resto do territorio. Ou iso era o que se dicía que se pensaba cando se promovera.

Como cabía agardar, moi pronto, en moitas outras zonas do Estado profundamente deprimidas, os paisanos preguntábanse por qué carallo non podía facerse o mesmo ás portas das súas casas, por qué se naquel estado de excepción ó fin e ao cabo se movía tanto diñeiro con plena aquiescencia dos poderes públicos, non había lugar a repetir o caso de éxito pola xeografía do Estado. Máis pronto que tarde, algunhas bandas que aínda lembraban ben cómo se organizaran as redes do narcotráfico nos anos oitenta, precisamente nas Rías Baixas, recobraron forzas co silencio cómplice dos que agardaban desesperadamente sacar a vida adiante como fora. Mentres tanto, os días vestían de normalidade unas noites cheas de intrigas, sombras e…

Lonxe de entender a Mr. Magoo e o seu “Little Sister” como unha banda calquera que nos trae un nostálxico rithm&blues, con este retrato imaxinario dos tempos, mil veces debuxado, outras tantas novelado, máis ben semellan visionarios, rescatando para tempos escuros sons que fan sempre as delicias de quen aprecia que un clásico tan oportuno pode chegar a resultar do máis innovador e romper os moldes.

(Autor: Rosa Fernández)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: